“La vida cobra sentido cuando se hace de ella una aspiración a no renunciar a nada.” (José Ortega y Gasset)

jueves, diciembre 22, 2005

RESPETEMOS O DEREITO A USALO GALEGO E O CASTELAN


Hoxe lin nun diario da miña cidade a derradeira das ocorrencias da Xunta de Galicia en materia de discriminación os nosos cidadáns, a eliminación da posibilidade nas oposicións os grupos D e mais E de poder face-lo exame en castelán xuntamente co galego, deixando a nosa lingua nai como a única posible para opositar na nosa comunidade, o que a meu xuízo non deixa de ser un dislate e unha discriminación. Eiquí, na nosa terra caracterizábanos pola tolerancia e pola integración do español mailo galego, respectando de ese modo o dito no noso Estatuto de Autonomía do que estamos a celebrar o XXV aniversario. En concreto no artigo 5 apartado 3 o Estatuto di expresamente que “os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas”, para rematar dicindo no apartado 4 do citado artigo que “ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua”.
Pois ben, debemos non pedir senón esixir a Xunta de Galicia que cumpra coa legalidade, que respecte o Estatuto e por riba de todo que os cidadáns vexan perfectamente cumpridos a defensa dos seus dereitos individuais, da liberdade a coñecer e usalo idioma que cada galego queira e por tanto a face-las probas de acceso a administración pública en galego ou castelán. Isto por tanto cumpre a facelo os do goberno do Bloque e os do PSOE porque por riba das ideoloxías e dos partidos están os dereitos recoñecidos nas leis.